O Porto supera os 1,5 millóns de toneladas e pechará o ano cun novo récord de tráficos portuarios
Os bos resultados de decembro permitirán mellorar os registros de 2022
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía está a piques de superar os 1,5 millóns de toneladas movidas no exercicio e segundo as previsións manexadas por este organismo, pechará 2023 cun novo récord de tráficos portuarios. Trátase un resultado “tremendamente satisfactorio” en palabras do presidente da entidade, José Manuel Cores Tourís, quen adiantou os resultados previstos para o peche do ano no informe de xestión presentado esta mañá #ante o Consello de Administración.
Tourís destacou que “é o terceiro ano consecutivo no que pechamos na contorna do millón e medio de toneladas”. “Cremos –engadiu o presidente- que a partir de agora esta debe ser a referencia do noso porto, e a marca que debemos aspirar a alcanzar ou superar nos vindieros anos”.
O presidente resaltou que “este resultado non sería posible sen a implicación de todos os operadores portuarios, cos que colaboramos estreitamente #a fin de que o noso porto poida sacar partido ás súas infraestruturas e servizos, de maneira que sexamos a mellor plataforma loxística para atender as necesidades de todo o noso hinterland no ámbito do transporte marítimo: un porto eficaz, áxil, flexible e dinámico”.
Cores Tourís tamén tivo palabras de agradecemento a “o labor do persoal da propia Autoridade Portuaria, cuxa desempeño é fundamental para a boa marcha desta entidade, e que tamén son partícipes deste éxito”.
O presidente apuntou que “as boas cifras deste mes de decembro foron fundamentais para poder alcanzar un novo récord, co que melloraremos os resultados de 2021 -ata a data, o mellor ano na historia do noso porto, o cal se pechou cun tráfico portuario total de 1.511.370 toneladas-“.
O resultado definitivo do exercicio non poderá coñecerse ata os primeiros días do próximo ano, pero a día de hoxe, e coas escalas xa realizadas este mes e as previstas ata final desta semana, o movemento de mercadorías no mes de decembro no noso porto supera as 128.000 toneladas, o cal permitirá no acumulado anual mellorar os rexistros de 2021. A estas cifras hai que sumarlle os movementos que se produzan na última semana do ano, para a cal están programadas varias operativas portuarias.
Por categorías, a mercadoría xeral continúa sendo por número de toneladas movidas a categoría con maior peso na repartición de tráficos portuarios, aínda que o gran impulso dos graneis sólidos –e os descensos en varios produtos encadrados na categoría de mercadoría xeral- reduciu esta diferenza con relación a pasados exercicios.
Os graneis líquidos, pola súa banda, pecharán o exercicio lixeiramente por baixo das súas cifras de 2022. Os bos números do aceite non son suficientes para compensar os descensos rexistrados noutros produtos encadrados nesta categoría. Aínda así, o total de toneladas contabilizadas -máis de 285.000- supoñen a segunda mellor cifra anual desde 2008, só por detrás do pasado ano, co cal a diferenza porcentual sitúase por baixo do 5%.
Como vén sucedendo durante todo este exercicio, a maior variación con relación ao pasado exercicio prodúcese no apartado de graneis sólidos, que experimenta un incremento moi notable, de máis do 40%, con relación ao ano 2022. Nesta categoría sobresae o movemento de cereais (que practicamente se duplicou con respecto ao pasado ano), o cuarzo e os produtos encadrados no epígrafe outros graneis sólidos.
Porto de Vilagarcía, 20 de decembro de 2023.
A Autoridade Portuaria adxudica a COVSA a obra de pavimentación no peirao de Ferrazo Norte
A actuación dotará á zona dunhas condicións idóneas para as operativas portuarias que teñen lugar nesa área
A terminal de contedores de Boluda no porto de Vilagarcía experimenta o mellor xuño da súa historia por número de TEUS movidos
No acumulado do primeiro semestre do ano mellóranse as cifras tanto en TEUS (+2,6%) como en toneladas (+5,4%) con respecto ao pasado exercicio.
O mellor mes da súa historia, con case 160.000 toneladas movidas, permite ao porto pechar o semestre cunha subida de tráficos do 7,5%
En total, nos seis primeiros meses do ano movéronse 760.000 toneladas de mercadoría, fronte a 707.000 do pasado ano
Pagination
- Previous page
- Page 4
- Páxina Seguinte
