O Porto pecha o primeiro semestre do ano con máis de 725.000 toneladas de tráfico portuario, un 31% máis que en 2020

O Porto pecha o primeiro semestre do ano con máis de 725.000 toneladas de tráfico portuario, un 31% máis que en 2020

O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, comunicou o dato aos membros do Consello de Administración na sesión celebrada por medios telemáticos o 30 de xuño.

Operativas portuarias en los muelles de Comboa y Ferrazo

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía vai pechar este primeiro semestre do ano superando as 725.000 toneladas de tráfico portuario, un fito na historia desta institución. A diferenza, con relación ao mesmo período de 2020, é de máis de 175.000 toneladas, o que equivale a un incremento porcentual do 31,6%. Para destacar a importancia desta cifra, basta sinalar que é a primeira vez na nosa historia que o porto supera as 700.000 toneladas de tráfico portuario no primeiro semestre do ano, e só en tres ocasiones, desde ao ano 2000, conseguíronse mover máis de 600.000 toneladas neste período, a última delas, en 2019. 

A primeira posición na repartición de tráficos portuarios corresponde novamente á mercadoría xeral, á que se adscriben case 400.000 toneladas de mercadoría, fronte ás 282.733 toneladas do pasado ano (+40,4%). Nesta categoría, mantense o incremento en dous produtos con gran peso nos tráficos do porto de Vilagarcía, como son o taboleiro (+82%) e o aluminio, que dobra as súas cifras con relación ao exercicio anterior. Cada un destes produtos achega máis de 120.000 toneladas ao balance semestral de tráficos portuarios. En canto aos contedores, mantense a tendencia á reactivación deste tráfico, contabilizándose en xuño un total de 2.696 TEUs, fronte aos 2.222 TEUs do mesmo mes do pasado ano. No acumulado do ano, movéronse 16.429 TEUs polo porto de Vilagarcía (-5,8% con relación a 2020), equivalentes a 142.049 toneladas. 

O maior incremento porcentual corresponde á categoría de graneis sólidos, cunha subida do 46,3% con relación ao primeiro semestre de 2020. Destaca a subida do cuarzo, con case un 80% máis de toneladas cargadas que o pasado ano, sumando un total de 75.000 toneladas. Urea e cemento por instalación lanzan cifras tamén moi positivas, con subidas porcentuais superiores ao 30% nos dous casos. 

Tamén é reseñable a recuperación dos cereais, que tras un comezo de ano claramente por baixo das súas cifras do pasado ano, recupérase neste último mes e practicamente consegue igualar os seus resultados con relación a 2020, sumando un total de 26.523 toneladas (só 200 toneladas por baixo do pasado ano). O total de tráficos adscrito a esta categoría suma 200.075 toneladas, fronte ás 136.714 toneladas do mesmo período do pasado ano. 

En canto aos graneis líquidos, terminan o semestre cun tráfico total de 126.932 toneladas, o que supón 3.065 toneladas menos que no mesmo período do pasado ano. O metanol, cun incremento do 43,5%, sitúase como o primeiro produto desta categoría, seguido do aceite, cuxos tráficos descenden un 21% con relación ao primeiro semestre de 2020. O maior incremento porcentual corresponde á parafina, da que se moveron 12.351 toneladas, unha subida do 112% con respecto ao período xaneiro-xuño de 2020. 

A mercadoría xeral representa, na primeira metade deste exercicio, o 54,8% de todas as mercadorías movidas polo porto de Vilagarcía. Os graneis sólidos supoñen o 27,7%, mentres que o 17,5% restante corresponde á categoría de graneis líquidos. 

En canto ás cifras do mes de xuño, movéronse máis de 138.000 toneladas de mercadoría polos peiraos arousáns, o que supón un incremento dos tráficos portuarios do 87% con relación ao mes de maio de 2020, que se pechou con 74.204 toneladas de mercadoría movida. A mercadoría xeral achega máis de 70.000 toneladas ao balance deste mes de maio, ás que hai que sumar 56.188 toneladas de graneis sólidos, e 12.086 toneladas de graneis líquidos. 


Sete meses de subida de tráficos 
Cos datos do peche de xuño (aínda provisionais), o porto de Vilagarcía encadea sete meses de incremento de tráficos portuarios (desde decembro do ano pasado), en todos os cales, ademais, superáronse as 100.000 toneladas de mercadoría, coa única excepción do primeiro mes deste ano, que se pechou moi lixeiramente por baixo desas 100.000 toneladas.

Na súa intervención diante do Consello, o presidente da Autoridade Portuaria sinalou que “ademais do récord semestral no global de movemento de mercadorías, hai que destacar que o comportamento está a ser moi positivo en todas as categorías de tráfico (aínda a pesar do lixeiro descenso nos graneis líquidos), así como na maior parte das mercadorías con maior peso específico nos tráficos do porto”, tales como o taboleiro, o aluminio, o cuarzo, a urea ou o metanol, entre outros. 

“Desta maneira –engadiu Cores Tourís- o porto arousán consolida a positiva evolución de tráficos que vén caracterizando este exercicio, uns resultados que poñen de manifesto a resiliencia da nosa comunidade portuaria, e a súa capacidade de dar resposta ás necesidades dos sectores produtivos da nosa área de influencia. Con varias mercadorías en rexistros históricos de tráficos, o principal desafío para o porto de Vilagarcía é, nestes momentos, seguir traballando para que as nosas instalacións e servizos poidan satisfacer plenamente unha demanda crecente dos nosos clientes e usuarios, de maneira que podamos ser axentes activos na optimización dos seus procesos loxísticos”. 

Porto de Vilagarcía, 30 de xuño de 2021.

O porto de Vilaxoán acolle este domingo a décimo sexta edición da bandeira de bateis Porto de Vilagarcía

A proba, na que participarán uns 500 deportistas, foi presentada esta mañá nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vilagarcía

Operativas en el muelle Comercial

O Porto de Vilagarcía pecha o mellor exercicio da súa historia e fixa un record de tráfico portuario ao mover 1.552.474 toneladas en 2023

Na comparación con 2022, o peche de 2023 amosa un aumento en total de tráfico portuario de aproximadamente 55.000 toneladas, o que equivale a un incremento porcentual do 3,6%. 

Vista del muelle Comercial desde O Centenario

O Porto supera os 1,5 millóns de toneladas e pechará o  ano cun novo récord de tráficos portuarios

Os bos resultados de decembro permitirán mellorar os registros de 2022