O Consello de Administración aproba a formulación da modificación puntual do Plan Especial do Porto
No balance de tráficos portuarios o primeiro trimestre do ano péchase provisionalmente cun incremento do 9% con relación ao mismo periodo do pasado ano
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, reunido o 27 de marzo en sesión ordinaria, aprobou a formulación da modificación puntual do Plan especial do Porto de Vilagarcía para a súa correspondente tramitación urbanística.
O obxecto da modificación é incorporar ao Plan especial as superficies que se xeraron nos peiraos Comercial e de Ferrazo (23.173,53 m² e 66.802,08 m² respectivamente) coa execución das obras previstas no Plan Director do Porto de Vilagarcía aprobado no ano 2002, e adaptar as determinacións urbanísticas e condicións de aproveitamento e volumetría á realidade actual do Porto. Os usos desas zonas xa estaban previamente definidos a través da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP).
O seguinte paso na tramitación da modificación puntual será a presentación da proposta #ante ao Concello de Vilagarcía, que é o órgano encargado da súa tramitación.
Por outra banda, o presidente presentou aos membros do Consello un informe provisional de tráficos do primeiro trimestre do ano, a falta duns días para o seu peche. Mantense a positiva evolución dos tráficos, xa que o período xaneiro-marzo pecharase cun incremento de tráficos do 9% con relación ao mesmo período do pasado ano. O total de toneladas movidas ascende a 356.404, case 30.000 máis que no primeiro trimestre do pasado exercicio.
Por categorías, os graneis líquidos achegan 68.646 toneladas a este balance, fronte ás 54.882 do mesmo período do pasado ano. Nesta categoría o aceite é o primeiro produto por número de toneladas.
Nos graneis sólidos o incremento é máis moderado pero igualmente pecha o trimestre en positivo, cunha subida porcentual do 11,3% e un total de 92.918 toneladas. Encabezan esta estatística cereal e urea, seguidos do cemento por instalación. Destaca tamén a achega dos produtos encadrados no epígrafe “outros graneis sólidos”.
Finalmente na categoría de mercadoría xeral o peche provisional do trimestre apunta a unha subida do 3,2%, rozándose as 195.000 toneladas neste período. O taboleiro é o produto con maior incremento porcentual e o aluminio encabeza a estatística por número de toneladas movidas.
Porto de Vilagarcía, 27 de marzo de 2025.
O Porto de Vilagarcía roza a peche do exercicio o seu récord histórico de movemento de mercadorías e supera os 1,5 millóns de toneladas
O tráfico portuario total ascendeu a 1.547.965 toneladas, o que supón un incremento do 9,4% con relación ao ano 2024. Destacan as subidas nas categorías de mercadoríía xeral e graneis líquidos.
O porto de Vilagarcía supera xa os seus tráficos de 2024 a falta dun mes para pechar o ano
Todo apunta a que se conseguirá pasar novamente a cifra de 1,5 millóns de toneladas de mercadoría á conclusión do exercicio
O porto de Vilagarcía recibe hoxe a escala do cruceiro “Amadea”
O buque, con 461 pasaxeiros a bordo, arribou a Vilagarcía ás 13.00 horas e a súa saída está prevista para as 20.00 horas
Pagination
- Page 1
- Páxina Seguinte
