Xunta e Autoridade Portuaria analizan os retos relacionados coa operatividade do porto
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo o día 16 de febreiro unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía; José Manuel Cores Tourís, nas instalacións do porto arousán.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo o día 16 de febreiro unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía; José Manuel Cores Tourís, nas instalacións do porto arousán.
A reunión serviu para analizar a actividade do porto no contexto actual, marcado pola alerta sanitaria da covid-19, así como para repasar os retos relacionados coas dársenas e os espazos portuarios. Na visita, na que tamén participou a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, destacouse a importancia do movemento de tráficos portuarios para a dinamización non só da actividade loxístico-portuaria, senón de toda a economía de Galicia, así como o papel crave dos portos en ámbitos como o comercio exterior.
O encontro dá continuidade ao celebrado a principios deste mes entre a conselleira do Mar cos presidentes das cinco autoridades portuarias de Galicia -A Coruña, Ferrol-San Cibrao, Marín-Ría de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa-, sendo o seu propósito intercambiar pareceres sobre a operatividade e competitividade do peirao.
O Porto aproba medidas económicas de apoio a empresas de sectores fortemente afectados pola pandemia do COVID
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía aprobou medidas económicas para apoiar a empresas asentadas en dominio público portuario que sufriron importantes repercusións pola crise do COVID.
Pagination
- Previous page
- Page 39
