A Autoridade Portuaria inicia os traballos para a dotación de saneamento ao peirao do Ramal

A Autoridade Portuaria inicia os traballos para a dotación de saneamento ao peirao do Ramal

As obras teñen un orzamento de 173.986,11 euros (IVE excluído) e un prazo de execución de catro meses.

Vista de las obras en el entorno del puerto deportivo

Esta mañá deron comezo na contorna da área lúdica do porto deportivo os traballos para a dotación de instalacións de saneamento no peirao do Ramal. A obra ten un orzamento de 173.986,11 euros (IVE excluído) e deberá estar finalizada no prazo de catro meses. 


Os traballos empezaron na área axardinada contigua á zona de lecer do porto deportivo, onde se abriu unha gabia para a instalación de tubaxes. No paseo do porto deportivo tamén está previsto realizar unha actuación similar para permitir levar a canalización ata o peirao do Ramal, onde se desenvolverá o groso da actuación proxectada. 


Ata a data O Ramal –uno dos peiraos máis antigos do porto de Vilagarcía- non dispón de instalación de saneamento, xa que historicamente só acolleu naves para almacenamento de mercadorías que non precisaban deste servizo. Pero dado que o peirao está na actualidade enfocándose cara a usos distintos do propiamente comercial-portuario e que se prevé reforzar esta orientación no medio prazo, faise necesario dotar á zona de rede de saneamento, anticipándose á futura demanda deste equipamento básico.


A Autoridade Portuaria agradece a comprensión da cidadanía polos mínimos inconvenientes que a actuación en marcha poida ocasionar. 


Porto de Vilagarcía, 28 de novembro de 2024. 

Vista área de la sede de la Autoridad Portuaria de Vilagarcía

O porto de Vilagarcía establece en abril un novo récord mensual de tráfico portuario e supera as 500.000 toneladas no cuadrimestre

O acumulado na categoría de mercadoría xeral rexistra un dos seus mellores peches do primeiro cuadrimestre do ano

El crucero "Sirena", atracado en el puerto de Vilagarcía

O porto recibiou a visita do Sirena, segundo cruceiro desta tempada

Arribou a Vilagarcía ás sete da mañá e zarpou pouco despois das catro. A bordo viaxan 651 pasaxeiros e case 400 tripulantes