A terminal de contedores de Boluda no porto de Vilagarcía experimenta o mellor xuño da súa historia por número de TEUS movidos
No acumulado do primeiro semestre do ano mellóranse as cifras tanto en TEUS (+2,6%) como en toneladas (+5,4%) con respecto ao pasado exercicio.
A terminal de contedores do porto de Vilagarcía, concesionada a Boluda e situada na ampliación do peirao de Ferrazo, acaba de pechar o mellor mes de xuño da súa historia, cun total de 3.627 TEUS movidos. Na comparativa co mes de xuño do pasado ano, o ascenso é de case o 50%: os xa mencionados 3.627 TEUs deste exercicio fronte a 2.462 do mesmo mes de 2024.
No acumulado do primeiro semestre do ano mellóranse as cifras tanto en TEUS (+2,6%) como en toneladas (+5,4%) con respecto ao pasado exercicio. No histórico de tráficos da terminal, o de xuño é o mellor resultado desde xaneiro de 2020.
A terminal de Boluda conta con dúas liñas regulares. A primeira, operada por Boluda Lines, enlaza Vilagarcía con Leixões, Setúbal, As Palmas, Tenerife, Cádiz e Santander, con dúas escalas semanais; e facilita conexións con outros destinos en África Occidental, norte de Europa e as Illas Británicas. A segunda, xestionada por Nirint, ten periodicidade quincenal e conecta Vilagarcía con Bilbao, Róterdan, Barcadera, Willemstad, Bonaire, Santiago de Cuba, Mariel, Moa, Moa II e Halifax.
De acordo con os datos de Portos do Estado, e a peche de xuño de 2025, Vilagarcía é o décimo porto do sistema portuario de titularidade estatal en movemento de contedores con orixe-destino nacional, e primeiro porto galego neste apartado.
Porto de Vilagarcía, 25 de xullo de 2025.
O porto de Vilagarcía recibe hoxe a escala do cruceiro “Amadea”
O buque, con 461 pasaxeiros a bordo, arribou a Vilagarcía ás 13.00 horas e a súa saída está prevista para as 20.00 horas
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visita a Autoridade Portuaria de Vilagarcía
O encontro enmárcase na rolda de reunións que a titular da carteira de Mar está a realizar cos máximos responsables das diferentes Autoridades Portuarias
Alleamento mediante adxudicación directa do buque Doctor Pintado
Resolución do presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía pola que se inicia o procedemento para o alleamento por adxudicación directa do buque Doctor Pintado
Pagination
- Page 1
- Páxina Seguinte
