Os tráficos do porto de Vilagarcía medran un 40% en xaneiro, consolidando o incremento co que pechou o pasado exercicio

Os tráficos do porto de Vilagarcía medran un 40% en xaneiro, consolidando o incremento co que pechou o pasado exercicio

O total de tráfico portuario no primeiro mes do ano ascendeu a 136.585 toneladas, cunha subida de máis do 60% no movemento de graneis sólidos


O Porto de Vilagarcía comeza o ano coa mesma tendencia coa que pechou o exercicio 2021: un destacado incremento de tráficos que se sostén en todas as categorías de tráficos portuarios, de acordo coas cifras provisionais da Autoridade Portuaria. 

O total de tráfico portuario no primeiro mes do ano ascendeu a 136.585 toneladas, o que supón un incremento do 40% con relación ao mesmo mes do pasado ano, no que o tráfico portuario acumulado foi de 97.145 toneladas. Esta subida susténtase de maneira solidaria nas tres categorías de tráficos portuarios. 

Así, no apartado de graneis sólidos movéronse un total de 23.766 toneladas (+32,4% con relación a 2021), co metanol practicamente duplicando as súas cifras do mes de xaneiro do pasado ano, seguido do aceite e a parafina. 

Nos graneis sólidos, contabilízanse 39.328 toneladas: o cuarzo sitúase como primeiro produto nesta categoría por número de toneladas, con case 15.000. Destacan tamén as cifras da urea, que pasa de 5.320 toneladas en xaneiro do pasado ano a superar as 10.000 en xaneiro deste ano, e os cereais, que grazas ás primeiras operativas do ano suman máis de 9.000 toneladas a esta estatística. O cemento tamén mellora os seus resultados de xaneiro de 2020. O incremento porcentual en xaneiro deste ano con relación ao mesmo mes do pasado ano é do 63,7%. 

Finalmente, a mercadoría xeral continúa á cabeza na repartición de tráficos portuarios con 72.076 toneladas movidas no mes (+32,7%). Tanto a mercadoría contenerizada como o taboleiro sitúanse por encima dos seus rexistros de xaneiro de 2021, mentres que o aluminio practicamente repite as súas cifras. Na mercadoría contenerizada, destaca o importante incremento porcentual no número de TEUs con relación ao mes de xaneiro do pasado ano: así, fronte aos 2.304 TEUs contabilizados no primeiro mes do pasado exercicio, neste mes de xaneiro a cifra ascendeu a 3.013 TEUs, un 30,8% máis. Nesta categoría incrementouse tamén o movemento de pasta de papel. 

As cifras do mes de xaneiro representan un excelente comezo para o porto de Vilagarcía, que só noutras catro ocasiones nas dúas últimas décadas conseguira superar as 100.000 toneladas de movemento de mercadoría no primeiro mes do ano. Desta maneira, dáse continuidade aos magníficos resultados do porto arousán, que pechou o ano 2021 cun récord de tráficos (superando os 1,5 millóns de toneladas no exercicio), récord na categoría de mercadoría xeral (máis de 800.000 toneladas) e tamén en cinco produtos (taboleiro, aluminio, aceite, cuarzo e parafina) que superaron os que ata a data eran os seus máximos anuais. Ademais, de acordo coas estatísticas feitas públicas recentemente por Portos do Estado, Vilagarcía foi o segundo porto dos 28 que compoñen o sistema portuario estatal con maior incremento porcentual de tráficos a peche do exercicio 2021, cun incremento de case o 25% con relación ao ano anterior, e situouse como o terceiro porto do sistema con maior crecemento dos seus tráficos -en porcentaxe- na categoría de graneis sólidos, e como quinto (tamén en crecemento porcentual) nos graneis líquidos e mercadoría xeral. 

Novo equipamento 
O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, destaca que “o récord conseguido o pasado exercicio, e as magníficas cifras de xaneiro, non serían posibles sen a implicación e o compromiso das empresas que traballan no porto de Vilagarcía”. O presidente, acompañado por Iago Carrasco, en representación da consignataria P& J Carrasco, realizou estas declaracións no peirao Comercial, ao cal arribou hai escasos días un novo equipamento portuario adquirido pola compañía P& J Carrasco. Trátase dun guindastre Liebherr LHM 420, de 124 toneladas de capacidade, o cal triplica a capacidade do guindastre móbil da que a empresa dispoñía ata a data, e convértea no guindastre con maior capacidade do noso porto. O presidente da Autoridade Portuaria felicitou aos responsables da consignataria pola súa aposta por seguir crecendo no porto arousán, e destacou o incremento da operatividade portuaria que posibilitará este novo equipamento. Pola súa banda, Iago Carrasco apuntou que o novo guindastre permitirá consolidar e mellorar o servizo prestado aos clientes do porto, facendo posible operar con buques de maior tamaño e posibilitando unha maior rotación nos peiraos.

Porto de Vilagarcía, 12 de febreiro de 2022. 
 

O porto de Vilaxoán acolle este domingo a décimo sexta edición da bandeira de bateis Porto de Vilagarcía

A proba, na que participarán uns 500 deportistas, foi presentada esta mañá nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vilagarcía

Operativas en el muelle Comercial

O Porto de Vilagarcía pecha o mellor exercicio da súa historia e fixa un record de tráfico portuario ao mover 1.552.474 toneladas en 2023

Na comparación con 2022, o peche de 2023 amosa un aumento en total de tráfico portuario de aproximadamente 55.000 toneladas, o que equivale a un incremento porcentual do 3,6%. 

Vista del muelle Comercial desde O Centenario

O Porto supera os 1,5 millóns de toneladas e pechará o  ano cun novo récord de tráficos portuarios

Os bos resultados de decembro permitirán mellorar os registros de 2022