A Autoridade Portuaria acolle un curso para a formación de servizos de emerxencias na extinción de incendios en buques
A actividade desenvolverase ao longo de toda esta semana, na sala de conferencias da Autoridade Portuaria
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía acolle durante esta semana un curso para a formación dos servizos de emerxencias na extinción de incendios en buques atracados en porto, no que participan 40 persoas.
A realización desta formación foi unha iniciativa conxunta da Autoridade Portuaria e Capitanía Marítima de Vilagarcía, quen solicitou a súa celebración nas dependencias da Autoridade Portuaria arousá á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP): Esta actividade está dirixida a servizos de extinción de incendios e salvamento, servizos de protección civil e emerxencias e grupos de emerxencias supramunicipais.
O curso inclúese no programa de formación continua da Academia Galega de Seguridade Pública. O curso foi inaugurado esta mañá, nun acto no que interviñeron, ademais José Manuel Cores Tourís, presidente da Autoridade Portuaria, a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, e o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva. Tamén asistiron á inauguración do curso o capitán marítimo de Vilagarcía, Juan Andrés Pérez, e a directora da Autoridade Portuaria, Begoña Mesejo.
Porto de Vilagarcía, 27 de marzo de 2023.
O presidente de Puertos del Estado inaugura en Vilagarcía as xornadas técnicas de Relacións Laborais e Recursos Humanos do sistema portuario estatal
A actividade, á que asisten 50 persoas en representación de 22 autoridades portuarias e Puertos del Estado, desenvólvese este xoves e venres
Estudantes de Transporte e Loxística e de Comercio Internacional do Bouza Brey visitaron o porto de Vilagarcía
A pasada semana, a Autoridade Portuaria recibiu a un grupo de alumnos de primaria do CEIP Arealonga
A Autoridade Portuaria concesiona a Parquistas de Carril dúas naves situadas no tramo final do peirao de O Ramal
O presidente tamén presentou o balance provisional de tráficos dos dez primeiros meses do ano, que se pecharon con 1,3 millóns de toneladas movidas
Pagination
- Previous page
- Page 18
- Páxina Seguinte
