Portal de transparencia

Portal de transparencia

A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relacionada con esa actividade e establecer as obrigas de bo goberno que deben cumprir os funcionarios públicos.

A lei sinala que os organismos aos que é de aplicación, entre os que se atopan as Autoridades Portuarias, publicarán periodicamente información actualizada cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública. A información suxeita ás obrigas de transparencia publicarase nas sedes electrónicas ou páxinas web correspondentes e de forma clara, estruturada e comprensible para os interesados.

En cumprimento desta Lei, a Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa pon a disposición do público a información relevante para garantir a transparencia da súa actividade.

Nos seguintes apartados atopará información relacionada cos aspectos recollidos na Lei de Transparencia:
Información institucional, organizativa e de planificación
Información institucional

As Autoridades Portuarias réxense polo Real Decreto Lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante, o cal no seu artigo 24 sinala o seguinte:
As Autoridades Portuarias son organismos públicos dos previstos na letra g) do apartado 1 do artigo 2 da Lei Xeral Orzamentaria, con personalidade xurídica e patrimonio propios, así como plena capacidade de obrar; dependen do Ministerio de Fomento, a través de Portos do Estado; e réxense pola súa lexislación específica, polas disposicións da Lei Xeral Orzamentaria que lles sexan de aplicación e, supletoriamente, pola Lei 6/1997, do 14 de abril, de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado.
    
    Funcións e competencias das Autoridades Portuarias
As competencias das Autoridades Portuarias, recollidas no artigo 25 da Real Decreto Lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante, son as seguintes:
a) A prestación dos servizos xerais, así como a xestión e control dos servizos portuarios para lograr que se desenvolvan en condicións óptimas de eficacia, economía, produtividade e seguridade, sen prexuízo da competencia doutros organismos.
b) A ordenación da zona de servizo do porto e dos usos portuarios, en coordinación coas Administracións competentes en materia de ordenación do territorio e urbanismo.
c) A planificación, proxecto, construción, conservación e explotación das obras e servizos do porto, e o dos sinais marítimos que teñan encomendadas, con suxeición ao establecido nesta lei.
d) A xestión do dominio público portuario e de sinais marítimos que lles sexa adscrito.
e) A optimización da xestión económica e a rentabilización do patrimonio e dos recursos que teñan asignados.
f) O fomento das actividades industriais e comerciais relacionadas co tráfico marítimo ou portuario.
g) A coordinación das operacións dos distintos modos de transporte no espazo portuario.
h) A ordenación e coordinación do tráfico portuario, tanto marítimo como terrestre.

En canto ás súas funcións, están recollidas no artigo 26 de Real Decreto Lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante:
a) Aprobar os proxectos de orzamentos de explotación e capital da Autoridade Portuaria e o seu programa de actuación plurianual.
b) Xestionar os servizos xerais e os de sinalización marítima, autorizar e controlar os servizos portuarios e as operacións e actividades que requiran a súa autorización ou concesión.
c) Coordinar a actuación dos diferentes órganos da Administración e entidades por ela participadas, que exercen as súas actividades no ámbito do porto, salvo cando esta función estea atribuída expresamente a outras Autoridades.
d) Ordenar os usos da zona de servizo do porto, e planificar e programar o seu desenvolvemento, de acordo cos instrumentos de ordenación do territorio e de planificación urbanística aprobados.
e) Redactar e formular os plans especiais de ordenación da zona de servizo do porto, en desenvolvemento do plan xeral urbanístico.
f) Proxectar e construír as obras necesarias no marco dos plans e programas aprobados.
g) Elaborar, no seu caso, os plans de obxectivos de horizonte temporal superior a catro anos, de acordo co establecido no artigo 18.1.a).
h) Aprobar os proxectos de investimento que estean incluídos na programación aprobada, así como o gasto correspondente aos devanditos investimentos, e contratar a súa execución.
i) Informar o proxecto de Regulamento de Explotación e Policía dos portos, e elaborar e aprobar as correspondentes Ordenanzas Portuarias cos trámites e requisitos establecidos no artigo 295, así como velar polo seu cumprimento.
j) Controlar no ámbito portuario, o cumprimento da normativa que afecte á admisión, manipulación e almacenamento de mercadorías perigosas, do mesmo xeito que os sistemas de seguridade e de protección ante accións terroristas e antisociais, contra incendios e de prevención e control de emerxencias nos termos establecidos pola normativa sobre protección civil, e loita contra a contaminación mariña, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos das Administracións públicas, así como colaborar coas Administracións competentes sobre protección civil, prevención e extinción de incendios e salvamento.
k) Aprobar libremente as tarifas polos servizos comerciais que presten, así como proceder á súa aplicación e recadación.
l) Outorgar as concesións e autorizacións e elaborar e manter actualizados os censos e rexistros de usos do dominio público portuario. Así como outorgar as licenzas de prestación de servizos portuarios na zona de servizo do porto.
m) Recadar as taxas polas concesións e autorizacións outorgadas, vixiar o cumprimento das cláusulas e condicións impostas no acto de outorgamento, aplicar o réxime sancionador e adoptar cantas medidas sexan necesarias para a protección e adecuada xestión do dominio público portuario.
n) Impulsar a formación do seu persoal e desenvolver estudos e investigacións en materias relacionadas coa actividade portuaria e a protección do medio ambiente, así como colaborar niso con outros portos, organizacións ou empresas, xa sexan nacionais ou estranxeiras.
ñ) Inspeccionar o funcionamento dos sinais marítimos, cuxo control se lle asigne, nos portos de competencia das Comunidades Autónomas, denunciando a estas, como responsables do seu funcionamento e mantemento, os problemas detectados para a súa corrección.
o) Xestionar a súa política comercial internacional, sen prexuízo das competencias propias dos Ministerios de Economía e Facenda e de Asuntos Exteriores e de Cooperación.
p) Autorizar a participación da Autoridade Portuaria en sociedades, e a adquisición e alleamento das súas accións, cando o conxunto de compromisos contraídos non supere o 1 por cento do activo non corrente neto da Autoridade Portuaria e sempre que estas operacións non impliquen a adquisición ou perda da posición maioritaria. O acordo do Consello de Administración deberá contar cos votos favorables da maioría dos representantes da Administración Xeral do Estado presentes ou representados sendo, en todo caso, necesario o voto favorable do representante de Portos do Estado.
q) A instalación e o mantemento da sinalización, balizamento e outras axudas á navegación que sirvan de aproximación e acceso do buque ao porto ou portos que xestionen, así como o balizamento interior das zonas comúns. Exclúese deste servizo a instalación e o mantemento da sinalización, balizamento e outras axudas á navegación das instalacións outorgadas en concesión ou autorización, incluídas as destinadas a cultivos mariños e emisarios submarinos, ou doutras instalacións situadas no medio mariño susceptibles de poder representar un obstáculo á navegación, que serán realizados polo titular ou responsable das mesmas.
r) Promover que as infraestruturas e servizos portuarios respondan a unha adecuada intermodalidade marítimo-terrestre, por medio dunha rede viaria e ferroviaria eficiente e segura, conectada adecuadamente co resto do sistema de transporte e cos nodos loxísticos que poidan ser considerados de interese xeral.
s) Administrar as infraestruturas ferroviarias da súa titularidade, favorecendo unha adecuada intermodalidade marítimo-ferroviaria.
t) Solicitar a información relativa aos servizos que se presten e ás actividades que se desenvolvan na zona de servizo dos portos que xestionen.
2. Do exercicio das funcións en materia de planificación, proxecto e construción de obras, xestión do dominio público mediante o outorgamento de concesións e autorizacións e a regulación e control do tráfico portuario, o fomento das actividades industriais e comerciais relacionadas con aquel, as tarifas e a súa aplicación e a coordinación das operacións dos distintos modos de transporte no espazo portuario, as Autoridades Portuarias deberán fornecer a Portos do Estado a información que lles solicite.

    Recursos económicos das Autoridades Portuarias 
O artigo 27 enumera os recursos económicos das autoridades portuarias, que estarán integrados por:
a) Os produtos e rendas do seu patrimonio, así como os ingresos procedentes do alleamento dos seus activos.
b) As taxas portuarias, sen prexuízo do establecido nos artigos 19.1.b) e 241 bis desta lei.
c) Os ingresos que teñan o carácter de recursos de dereito privado obtidos no exercicio das súas funcións.
d) As achegas recibidas do Fondo de Compensación Interportuario.
e) Os que puidesen asignarse nos Orzamentos Xerais do Estado ou nos doutras Administracións públicas.
f) As axudas e subvencións, calquera que sexa a súa procedencia.
g) Os procedentes dos créditos, préstamos e demais operacións financeiras que poidan concertar.
h) O produto da aplicación do réxime sancionador.
i) As doazóns, legados e outras achegas de particulares e entidades privadas.
j) Calquera outro que lles sexa atribuído polo ordenamento xurídico.
2. Corresponde ás Autoridades Portuarias a xestión e administración dos recursos que se relacionan no apartado anterior, nun marco de autonomía de xestión, con criterios de eficacia, eficiencia e sustentabilidade ambiental, debendo axustarse aos principios establecidos nesta lei.

    Órganos das Autoridades Portuarias
Tal e como recolle o artigo 29 de Real Decreto Lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante, os órganos das Autoridades Portuarias son os seguintes:
a) De goberno: Consello de Administración e Presidente.
b) De xestión: Director.
c) De asistencia: Consello de Navegación e Porto.
 

Información xurídica

Valoración de terrenos e lámina de auga

Expedientes sometidos a información pública
Nestes momentos non existe ningún expediente sometido a información pública. 

Información económico-financiera

Perfil do contratante
Os contratos asinados pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía, incluídos os contratos menores, poden consultarse no Perfil do contratante desta administración na Plataforma de Contratación do Sector Público, a través do seguinte enlace:  

Relación de convenios suscritos pola Autoridade Portuaria

Relación de subvencións e axudas públicas concedidas por a Autoridade Portuaria.
Nestes momentos non existen subvencións ou axudas concedidas pola Autoridade Portuaria. 

Relación de subvencións recibidas con cargo a fondos comunitarios
Proxectos cofinanciados

Recoñecemento da compatibilidade
As resolucións de autorización ou recoñecemento de compatibilidade que afecten ao persoal da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa poden consultarse no Cadro de Compatibilidades 2023 da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, o bien na web doPortal de Transparencia, a través do siguiente enlace:

Información estatística con carácter mensual
A información estatística relevante sobre os tráficos da Autoridade Portuaria de Vilagarcía pode consultarse na web de Puertos del Estado, a través do seguinte enlace: