O porto de Vilagarcía dispón dunha liña de contedores de frecuencia semanal, que liga Vilagarcía con Lisboa e as illas Canarias. A escala no porto de Vilagarcía realizase xeralmente os domingos. O titular da concesión da terminal de contedores (que se atopa na ampliación do peirao de Ferrazo) é a empresa Boluda, que leva a cabo este servizo no porto. O percorrido da liña é As Palmas de Gran Canaria, Arrecife, Bilbao, Vilagarcía de Arousa, Lisboa, Santa Cruz de Tenerife. Esta conexión con importantes portos peninsulares e das illas, pola súa banda, abre un abano de posibilidades para o transporte de mercancías a calquera parte do mundo.
|
|
|