facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 16-Abril-2021
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
AddThis Social Bookmark Button

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía pechou o exercicio 2019 co mellor balance de tráficos da súa historia, establecendo un novo máximo anual de movemento de mercancías. O total de toneladas movidas superou os 1,3 millóns, cun incremento do 8,93% con relación ao ano anterior. Trátase do terceiro récord consecutivo de tráficos portuarios no porto de Vilagarcía, tralos rexistrados en 2017 e 2018.

Estas excelentes cifras susténtanse en subidas superiores ao 7% en todas as categorías de tráficos portuarios. O maior incremento á conclusión do exercicio correspondeu ao apartado de mercancía xeral, que subiu un 10,37% con relación a 2018, sumando 652.902 toneladas. A categoría de graneis líquidos experimentou a segunda maior alza, un 8,79%, alcanzando un total de 182.563 toneladas, mentres que as 479.972 toneladas movidas na categoría de graneis sólidos representan un incremento do 7,09% con relación ao ano anterior. O total de toneladas movidas polo porto foi de 1.315.437, fronte a 1.207.750 toneladas do ano 2018.

Na estatística de 2019, as cifras poñen de manifesto a importancia da mercancía xeral no reparto de tráficos do porto arousano: prácticamente a metade de todos os tráficos 2019 estiveron encadrados nesta categoría, mentres que os graneis sólidos supuxeron o 36,5% das toneladas movidas e os graneis líquidos, un 13,9%.

Por produtos, destacan os excelentes datos da terminal de contenedores da empresa Boluda, a través da cal movéronse un total de 41.257 TEUs, fronte aos 35.039 TEUs do ano anterior (+ 17,75%). O movemento de contenedores supón xa máis da metade de todos os tráficos de mercancía xeral no porto de Vilagarcía, sumando en 2019 un total de 340.989 toneladas. A continuación por volume de tráficos, na categoría de mercancía xeral situáronse taboleiro e aluminio, con 143.749 t e 143.647 t, respectivamente.

No apartado de graneis sólidos, é moi salientable o incremento no movemento de cereais e as súas fariñas, que sumou 211.769 toneladas, fronte ás 162.611 toneladas do exercicio anterior, o que supón un aumento do 30%. O cuarzo, con 93.478 toneladas movidas, e a urea, con 84.450 t, ocupan a segunda e terceira posición nesta categoría por volume de tráficos.

Nos graneis líquidos, o aceite pechou o exercicio cun novo máximo anual: as 91.467 toneladas movidas en 2019 supoñen unha subida do 10,6% con relación ao ano anterior. En segundo e terceiro lugar nesta categoría están o metanol, con 67.797 toneladas, e a parafina, que aportou 15.770 toneladas ao balance de tráficos portuarios.

O crecemento da mercancía xeral é un dos factores que posibilitou en maior medida o notable incremento dos tráficos do porto de Vilagarcía na última década. Desde o ano 2010, o número de toneladas movidas nesta categoría multiplicouse por cinco, ao pasar de 130.915 nese ano ás 652.899 do pasado exercicio. No mesmo periodo, o incremento no global de tráficos portuarios foi do 80%.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.