Ademais destas axudas á navegación, nas citadas rías existen outros sinais marítimos dependentes de Portos de Galicia, principalmente para a sinalización de polígonos de bateas e peiraos de titularidade autonómica. O accidentado do litoral sobre o que se estende a competencia do porto arousán explica o elevado número de axudas á navegación necesarias para garantir a seguridade na navegación. O Porto de Vilagarcía traballa para a modernización e posta en valor deste equipamento, sendo unha das principais melloras acometidas recentemente a incorporación de luces tipo led a todos as balizas e aboias, así como a varios dos faros da súa competencia.
Relación de faros e balizas atendidas pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía |
|
|