As excelentes condicións de navegación da Ría de Arousa posibilitan a práctica da náutica deportiva os 365 días do ano. As instalacións do Porto de Vilagarcía dedicadas á náutica de recreo están xestionadas por Marina Vilagarcía. O Porto deportivo, con 450 amarres, ocupa a dársena número 1, que se localiza entre o peirao do Ramal e o de Pasaxeiros, moi preto do centro urbano. Ademais, no porto atópase tamén o Centro Galego de Vela, infraestrutura de referencia no ámbito nacional para a formación de regatistas, tanto en clases olímpicas como en categoría infantil e xuvenil. A sede do Centro Galego de Vela está situada na rampla do Cavadelo. Información adicional: www.marinavilagarcia.com |
|
|