O Porto de Vilagarcía goza dunha privilexiada localización ao Noroeste da Península Ibérica, no centro xeográfico do Eixo Atlántico Galego.
O Porto de Vilagarcía, situado nas resgardadas augas da Ría de Arousa, dispón dunhas excelentes comunicacións, que garanten un transporte rápido e seguro de calquera mercancía ata o seu lugar de destino.
Situación
Canle de entrada
Boca de entrada
Latitude: 42º 36´ N Lonxitude: 8º 46´ W
Orientación: WSW Anchura: 110 m Calado en B.M.V.E.: 9 m Natureza do fondo: Fango Lonxitude: 1.500 m
Orientación: W Anchura: 200 m Calado en B.M.V.E.: 9 m Máxima corrente rexistrada: 1 nó
O Porto dispón dun enlace directo coa AP9 -Autoestrada do Atlántico -que vertebra Galicia de norte a sur-. A través da AP9 é posible acceder á Autovía das Rías Baixas, o que facilita o transporte de mercancías ao interior da península. O enlace coa autoestrada conta ademais con accesos cara á Vía de Alta Capacidade do Salnés e a variante norte de Vilagarcía.
O recinto portuario dispón dunha conexión ferroviaria propia, que enlaza coa rede nacional de transporte ferroviario de ADIF. A rede interior do porto esténdese a todos os peiraos do recinto portuario, gracias ás obras de prolongación do ferrocarril ao peirao de Ferrazo (fases 1 e 29 que supuxeron un investimento de 6,5 millóns de euros (sen ive).
Igualmente, a proximidade do Porto de Vilagarcía aos aeroportos de Santiago e Vigo facilita o traslado de calquera mercancía por todo o mundo, ata os lugares máis afastados.
Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.